ES-FACTORY

CATÁLOGO DIGITAL DE COOPERATIVAS

Cooperativas

VIÑA COSTEIRA

Costeira Treixadura

Durante a súa longa traxectoria, consolidouse entre os mellores viños de España. É a clara representación da esencia e das características da viticultura do Ribeiro. Costeira sempre destacou polo seu “coupage” con variedades autóctonas do Ribeiro, onde a Treixadura é a uva predominante. Agora, esta variedade raíña do Ribeiro ten o protagonismo que merece, destacada na etiqueta.

Colección 68

Unha homenaxe a todos aqueles socios fundadores da cooperativa que, hai máis de medio século, uniron as súas forzas para levar a cabo un proxecto colectivo de desenvolvemento do rural de Galicia. Treixadura, Albariño e Godello son as principais uvas da zona e as que están presentes neste viño. Un coupage perfecto para descubrir a esencia do Ribeiro que chegou ata nós, mantendo o esmero e o cariño pola terra dos fundadores.

Tostado de Costeira

O viño que fai historia. O Tostado de Costeira segue paso a paso a elaboración dos viños naturalmente doces orixinarios do Ribeiro. Este proceso conséguese a través da pasificación natural da uva autóctona Treixadura, nunha estancia cuberta e con ventilación, durante un mínimo de 90 días, ao que lle segue un período de maduración de 180 días en barrica de carballo francés e de 90 días en botella. Durante este proceso longo e tradicional, o Tostado de Costeira adquire a máxima expresión das súas calidades organolépticas. Aroma intenso a froita pasificada e meles, con delicadas notas de pastelería. Este viño é, sen dúbida, o produto máis especial para a cooperativa.

Tamborá

O mellor Godello de España. Na súa curta traxectoria, Tamborá conseguiu grandes recoñecementos internacionais que confirman a súa excelente calidade.
Procedente das costeiras do Ribeiro, este viño mostra o equilibrio perfecto, obtendo como resultado un godello moi expresivo, con notas de froita branca, matices florais e botánicos.
Tamborá ten un nome sonoro por partida dobre. Pola parte fonética da palabra en si, pero tamén polo seu significado: unha homenaxe a un instrumento de percusión de orixe medieval que tivo unha gran difusión en Iberoamérica. Mais a súa vinculación coa música non remata aí. Na súa etiqueta pódese ver un pentagrama co inicio do himno galego. Un viño que leva Galicia en todo o seu ser e que invita a descubrir o mundo.

Tamborá 0.0

Costeira 0,0 é a nova alternativa sen alcohol de Viña Costeira, creada para quen busca desfrutar do sabor, a frescura e a personalidade de Galicia en calquera momento. Elaborado a partir dun blend de uvas brancas de cultivo tradicional e mediante unha desalcoholización a baixa temperatura, conserva a expresividade aromática e a identidade que caracteriza a Costeira. Con notas de froita de óso e froita branca, un fondo floral e un paso de boca fresco e equilibrado, Costeira 0,0 é versátil, actual e perfecto para aperitivos, arroces, pasta ou mesmo coctelería sen alcohol. Unha nova forma de desfrutar de Costeira, sen renunciar a nada. Un 0,0 pensado para acompañar en calquera ocasión, adaptándose a novos estilos de vida sen perder a autenticidade.