ES-FACTORY

CATÁLOGO DIXITAL DE PRODUTOS E COOPERATIVAS

Proxecto ES-Factory

Rede de aceleradoras de economía social para impulsar e consolidar empresas en novas economías emerxentes

Que é ES-Factory?

O proxecto ES-Factory é unha iniciativa que pretende o impulso e consolidación de emprego de calidade en novas actividades emerxentes do territorio transfronteirizo Galicia e Norte de Portugal que se vaian desenvolver a través da economía social.

ES-FACTORY

Obxectivos

Novas oportunidades de negocio

Detectar novas oportunidades e liñas de negocio en actividades emerxentes de Galicia e do Norte de Portugal que fomenten o emprendemento.

Profesionalización do ecosistema

Impulsar a profesionalización do ecosistema emprendedor e potenciar, atraer e reter talento no territorio transfronteirizo.

Rede de Aceleradoras

Crear unha Rede de Aceleradoras de Economía Social Transfronteiriza con accións formativas, programas de asesoramento e acompañamento, espazos de encontro, de investimento e nos que conectar a oferta coa demanda dos produtos e servizos das persoas emprendedoras do territorio.

Visibilidade da economía social

Identificar e promocionar o peso da economía social a través do Observatorio da Economía Social de Galicia e do Norte de Portugal.

ES-FACTORY

Actividades técnicas

A comunicación desta actividade oriéntase a posicionar o estudo como a folla de roteiro de referencia para a atracción de talento e nómades dixitais na Eurorrexión, transcendendo o mero informe técnico para converterse nunha ferramenta de posicionamento territorial. A estratexia combinará a divulgación institucional cunha aproximación directa aos públicos obxectivo finais -nómades dixitais e profesionais cualificados- mediante canles especializadas e mensaxes centradas nas oportunidades concretas identificadas no estudo.

Canle Acción específica Mensaxe
Web Landing page específica con acceso á ferramenta SIE «Descubra as oportunidades que esconden as zonas rurais de Galicia e Norte de Portugal»
Redes sociais Campaña de «achados» con infografías de datos crave e testemuños de potenciais beneficiarios «O teu futuro profesional pode estar máis preto de o que imaxinas, e nunha contorna única»
Medios especializados Capítulos específicos para medios de economía, emprego e desenvolvemento rural «O mapa definitivo para atraer talento cara á revitalización do mundo rural»
Eventos presenciais Presentacións nos Polos de emprendemento e universidades da Eurorrexión «Do diagnóstico á acción: estratexias concretas para fixar talento no noso territorio»
Email márketing Newsletter específico para administracións públicas e axentes de desenvolvemento local «Os datos que necesitan para deseñar políticas efectivas de atracción de talento»
Plataformas nómades Presenza en foros e comunidades dixitais de nómades (NomadList, RemoteOK) «Conectividade, calidade de vida e oportunidades: o triángulo perfecto para traballar desde o rural»


A narrativa central virará ao redor da transformación do desafío demográfico en oportunidade estratéxica, destacando os casos concretos de éxito e as potencialidades identificadas en cada territorio. A comunicación estruturarase en dúas fases claramente diferenciadas: unha primeira de expectación durante a elaboración do estudo, compartindo avances e metodoloxía, e unha segunda de posicionamento masivo unha vez finalizado o traballo, dirixida tanto a potenciais destinatarios como a axentes multiplicadores.

Ferramenta dixital para visibilizar, analizar e fortalecer o ecosistema da economía social na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Explora a economía social da eurorrexión. Coñece entidades activas de Galicia e o Norte de Portugal nun só lugar.

Espazos comerciais efémeros como contornas reais de experimentación, aprendizaxe e visibilización, para facilitar o acceso ao mercado, testar produtos e servizos en condicións reais e achegar os proxectos de economía social á ciudadanía.

Deseñada para impulsar proxectos en distintas fases de desenvolvemento e favorecer a creación de iniciativas innovadoras con impacto social..

Conecta coas organizacións e profesionais que impulsan a economía social na contorna ES-Factory.

Proxecto ES-Factory

Rede de aceleradoras de economía social para impulsar e consolidar empresas en novas economías emerxentes

Os nosos socios

O proxecto ES-Factory conta coa colaboración de entidades líderes de Galicia e Norte de Portugal, que desempeñan un papel fundamental no impulso da economía social e na xeración de emprego de calidade.